O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, acompañado co director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, presentou no Campus Iberdrola o proxecto de realidade virtual "Ti elixes", unha iniciativa pensada para concienciar aos cidadáns sobre os riscos de determinadas condutas ao volante e sobre a importancia da prevención.
Esta experiencia inmersiva en 360º permite aos usuarios elixir, dentro da acción do vídeo, entre a seguridade ou o risco e ver as súas consecuencias. "Ti elixes" está difundido a través da canle en YouTube do Ministerio do Interior, así como noutras plataformas e redes sociais que permiten a inserción de vídeos en 360º tales como Facebook e Vimeo. A iniciativa tamén estará dispoñible nos próximos meses en distintos espazos e eventos para que os mozos poidan experimentala a través de lentes de realidade virtual.
A produtora española GAZ VR, especializada en realidade virtual , desenvolveu este proxecto en colaboración co departamento de Innovación de Iberdrola. Así mesmo, o Ministerio do Interior sinalou nun comunicado que, cada ano, as distraccións na condución causan, polo menos, 500 mortes ao ano, o que representa un 30% das vítimas mortais. Entre as distraccións máis frecuentes atópase o uso do teléfono móbil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario