miércoles, 3 de mayo de 2017

Catro importantes cambios en Whatsapp que pronto chegarán ao teu móbil


Whatsapp segue actualizándose a unha velocidade de vertixe. No último ano, rara é a semana na que non ve a luz unha novidade na aplicación. 
E estes días de primavera non ían ser menos. Catro importantes actualizacións están a piques de chegar, algunha non sen polémica, como é a localización en tempo real. A novidade de Whatsapp que máis está a dar que falar estes días é a localización en tempo real de usuarios. Este cambio permitirá a cada usuario compartir cos seus contactos, de maneira individual ou por grupos, o lugar exacto no que se atopa.

Poderase facer desde o menú 'enviar localización' e en diferentes períodos de tempo. A polémica xurdiu polo feito de que, aínda que se trate dunha opción que pode desactivarse, o simple feito de que exista permitiría a calquera contacto esixir nun momento dado esa localización en tempo real, poñendo nun aperto ao usuario en diferentes ámbitos da súa vida. Outro cambio importante é o relativo á cancelación de mensaxes enviadas. 

Tal e como lembran desde Andro4All, esta opción leva varias semanas en fase de probas e cada vez está máis avanzada. 

O último que soubemos é que só teremos dous minutos para botarnos atrás, unha vez transcorrido ese tempo xa será imposible eliminalo. Tamén chegarán os álbums de fotos. Unha función que se asemellarán á forma de crealos en Facebook. Desta forma amplíase a forma de compartir fotos a través de Whatsapp. 

Os estados tamén sufriron importantes cambios nos últimos tempos coa chegada de novas formas de compartilos, a modo de historias de Instagram. Estes novos estados, que conviven cos antigos e que permiten engadir fotos ou vídeos, actualizaranse para compartir unicamente texto con diferentes fondos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario