miércoles, 3 de mayo de 2017

Así é a revolucionaria solución de Elon Musk para acabar cos atascos nas cidades


Elon Musk, o multimillonario presidente de empresas como Tesla ou SpaceX, está considerado como un auténtico visionario. No seu obxectivo por facer a vida cotiá mellor, Musk xa está a traballar nun proxecto que acabaría cos atascos de tráfico nas cidades. Xa ten unha empresa para ese efecto (The Boring Company) e un vídeo no que mostran como funcionaría, recolle Gizmodo.

Trátase dun complexo sistema de túneles subterráneos baixo as cidades ao cal poderían acceder os vehículos a través duns ascensores que comunican coa superficie. Unha vez no subsolo, os coches serían transportados a unha velocidade de máis de 200 km/h. Elon Musk di que "non hai un límite real de cantos niveis de túneles pódense ter. As minas máis profundas son moito máis profundas que os edificios máis altos". 

Por agora, The Boring Company ocupa entre un 2 e un 3% do tempo de traballo de Musk. "Compramos maquinaria de segunda man, é unha especie de entretemento as longo prazo, pero que progresa adecuadamente", di.


No hay comentarios:

Publicar un comentario