sábado, 19 de noviembre de 2016

Onde van parar os videoxogos?


Os inicios dos videoxogos

Os inicios dos videoxogos

Remontandonos aos inicios desta industria, encontramonos co primer videoxogo, "Pong".
Pong foi un videoxogo da primeira xeración de videoconsolas publicado por Atari, creado por Nolan Bushnell e lanzado o 29 de novembro de 1972. 
Está baseado no deporte de tenis de mesa (ou ping pong). A popularidade de Pong deu lugar a unha gran demanda deste novo articulo que daría pé a toda unha nova era no sector do entretenemento.

Resultado de imagen de pong atari tecnologia


Como se xoga?

Pong é un xogo de deportes en dúas dimensións que simula un tenis de mesa. O xogador controla no xogo unha paleta movéndoa verticalmente na parte esquerda da pantalla, e pode competir tanto contra un opoñente controlado por computadora, como con outro xogador humano que controla unha segunda paleta na parte oposta. Os xogadores poden usar as paletas para pegarlle á pelota cara a un lado ou outro. O obxectivo consiste en que un dos xogadores consiga máis puntos que o opoñente ao finalizar o xogo. Estes puntos obtéñense cando o xogador adversario falla ao devolver a pelota.

Reflexión

Resultame incrible como comezou todo. Nada máis que duas rodiñas e un par de transistores conectados entre sí cambiaron o mundo tan radicalmente, e o que comezou como un simple entretemento recreativo para bares vai evolucionar nunha industría incluso maior ca a do cinema, e eso que esta ultima xa comezara hai ben mais tempo.

martes, 15 de noviembre de 2016

Presentación de Inicio


Ola!
Benvidos á primeira entrada deste blogue. Como presentación, gustaríame acentuar un pouco a temática central de ambos os termos sobre os que van virar as entradas futuras.

Os Xogos
Cando se nomea o termo "xogos" estamos a referirnos a un dos maiores mundos de entretemento na actualidade. Non só referímonos á industria dos videoxogos, senón que tamén incluímos outros como quebracabezas, crucigramas, xogos de azar, olimpíadas...
En global, unha cantidade de obxectos dignos de estudo e que se merecen un tempo de reflexión acerca da base sobre a que están construídos.

A Filosofía Científica
Como outro dos temas principais e encamiñando este termo tan amplo, ao anterior xa citado, trataranse temas como a aleatoriedade, as leis da física en videoxogos, lóxica e estratexia de xogos destes tipos...
Todo un tema sobre o que teremos moito terreo para profundar.


Espero que esta introdución te houbera aberto un foco de curiosidade nas entradas que se veñen.
Vémonos!!