Os inicios dos videoxogos
Remontandonos aos inicios desta industria, encontramonos co primer videoxogo, "Pong".
Pong foi un videoxogo da primeira xeración de videoconsolas publicado por Atari, creado por Nolan Bushnell e lanzado o 29 de novembro de 1972.
Está baseado no deporte de tenis de mesa (ou ping pong). A popularidade de Pong deu lugar a unha gran demanda deste novo articulo que daría pé a toda unha nova era no sector do entretenemento.
Como se xoga?
Pong é un xogo de deportes en dúas dimensións que simula un tenis de mesa. O xogador controla no xogo unha paleta movéndoa verticalmente na parte esquerda da pantalla, e pode competir tanto contra un opoñente controlado por computadora, como con outro xogador humano que controla unha segunda paleta na parte oposta. Os xogadores poden usar as paletas para pegarlle á pelota cara a un lado ou outro. O obxectivo consiste en que un dos xogadores consiga máis puntos que o opoñente ao finalizar o xogo. Estes puntos obtéñense cando o xogador adversario falla ao devolver a pelota.
Reflexión
Resultame incrible como comezou todo. Nada máis que duas rodiñas e un par de transistores conectados entre sí cambiaron o mundo tan radicalmente, e o que comezou como un simple entretemento recreativo para bares vai evolucionar nunha industría incluso maior ca a do cinema, e eso que esta ultima xa comezara hai ben mais tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario